Skip to main content
Actualidade

Bonxe organiza un curso de cocedura de barro

Por 9 Outubro, 2019Sin comentarios

Bonxe organiza as primeiras xornadas de cocedura de barro os días 19, 20 e 21 de outubro na parroquia homónima.

Estas xornadas, que están organizadas pola Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira, serán o sábado 19 de 16.00 a 18.00 horas na que se cargará o forno de cacharros de barro.

O domingo 20 comezará a cocedura a partir das 11.30 horas, que se fará con toxos, e ao finalizar a xornada haberá un magosto para o desfrute dos asistentes no que comerán castañas, pan, empandada e bolos preñados. O luns 21 poderase descargar o forno, xa que o forno estará frío.