Skip to main content
ActualidadeVilalba

Morgan pecha a súa xira en Vilalba o 9 de novembro

Por 9 Outubro, 2019Sin comentarios

Morgan converteuse por dereito propio nunha das bandas máis respectadas por público e crítica nos últimos anos. Tralo seu irresistible primeiro disco, North, en marzo de 2019 presentan Air e saen á estrada: máis de 100 concertos en salas, teatros e festivais por toda a península, Irlanda ou UK (entre eles BBK, Mad Cool, escenario principal do Jazzaldia ou dous días seguidos con entradas esgotadas no Circo Price) dunha longa xira que recolleu polo camiño 5 premios da Música e recoñecemento unánime.

O Air Tour chegou ao seu fin e antes do parón para coller forzas en 2020, Morgan despedirá esta etapa en lugares moi especiais, e un deles será o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba o sábado 9 de novembro ás 21:00 horas. As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com e Casa da Cultura de Vilalba. O prezo é de 15 euros en venda anticipada e 18 en taquilla.