Skip to main content
Actualidade

A Comisión Europea confirma que Galicia porderá optar aos fondos de transición enerxética

Por 10 Outubro, 2019Sin comentarios

A Comisión Europea ten trasladado que Galicia poderá optar aos fondos de transición xusta que se establecerán por parte da Comisión a partir do ano 2021. Conde, que se reuniu, entre outros, coa directora de Mercados Europeos e Internacionais do Carbono, que forma parte da Dirección xeral de Acción polo Clima, Beatriz Yordi, e con Carlos Esteva Mosso, director xeral adxunto de Axudas de Estado da Dirección xeral da Competencia, apuntou que a Comisión Europea comparte a visión da Xunta dunha transición enerxética xusta e que quedou constatado que Galicia vai na boa dirección. 

O conselleiro galego demandou tempo para buscar alternativas, reclamándolle  tanto ao Ministerio para a Transición Ecolóxica como a Endesa que establezan as medidas para a reactivación inmediata da planta. O conselleiro avogou por impulsar un traballo colectivo e un esforzo conxunto para lograr esa transición xusta desde o punto de vista social, de sustentabilidade e de inclusión. En definitiva, reclamou “que non haxa un peche abrupto das centrais e que haxa un traballo compartido por todos os axentes”, entre os que citou a Administración, as empresas, os actores sociais, as universidades e os centros tecnolóxicos. 

Tamén instou a que a mesa técnica sobre a central das Pontes proposta pola Xunta e o Concello pontés se constitúa canto antes e que desde o primeiro momento traballe non só na reactivación da planta, senón tamén na identificación de alternativas e proxectos para cumprir “cun mandato claro da Comisión Europea, que a transición xusta ten que ser unha oportunidade para xerar novos proxectos, emprego e unha oportunidade para as comarcas que están vinculadas a este tipo de centrais”. 

Pediu ao Goberno central que reaccione e que abandone a “política enerxética errática” que, segundo sinalou, non só está afectando a Meirama e a As Pontes, senón tamén ás empresas electrointensivas, como Alcoa. Lembrou así mesmo que Galicia conta cunha planificación industrial orientada á nova economía e vinculada á Industria 4.0, a dixitalización, a innovación, e o desenvolvemento de novos proxectos.