Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

A Castronela organiza o 26 unha nova edición do Samaín

Por 11 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación de recreación histórica A Castronela, en colaboración co Concello de Friol, celebrarán a quinta edición da tradicional festividade celta do Samaín o día 26 de outubro a partir das 16.30 horas.

Como nos útlimos anos, a asociación convida a todos a vir a festexar o Samaín con actividades que se desenvolverán na contorna da Torre de San Paio de Narla, paseo fluvial do río Narla, xunto as piscinas e na contorna da ponte, no centro da poboación.

As actividades consistirán en baleirado de cabazas, xogos galaicos, recortables e figuras para colorear, pintado de facianas, defile de ánimas, cholocalatada gratuíta, degustación de queixo e pan e conxuro e queimada.

Os organizadores deste evento estarán acompañados pola Asociación Socio-Cultural e musical, Xesta Verde e polas asociacións Cohors III Lucensium e mais Lucus Icenas Miliatore. No caso de inclemencias meteorolóxicas, todos os actos trasladaranse no pavillón Municipal.

O Samaín, na cultura celta, é a festa dos mortos ou tamén da asemblea, no período do Teixo. Esta coincide coa actual festa de defuntos ou tamén coñecido como Día de Todos os Santos.

O Samaín, é o momento no que a natureza comeza o seu letargo invernal. A duración dos días acúrtase cada vez máis e o período de obtención de recursos remata, polo que a sociedade reprégase de novo nos seus poboados.

Este período festivo do Samaín comezaba aproximadamente no equivalente a noite do actual 31 de outubro e prolongábase toda a xornada, durando uns días máis dentro da lúa seguinte. Nesta festividade, suponse que as barreiras entre o mundo dos humanos, dos seres espirituais e os mortos esvaécense. Sendo así posible a convivencia e a comunicación entre ámbolos dous mundos. Por iso sería o momento de ocupación ritual das necrópoles, dos traballos e mantemento dos espazos funerarios, dos banquetes conmemorativos e as ofrendas ós defuntos. Na tradición galega, aínda se acode aos cemiterios, convívese e agasállaselle aos mortos, e mesmo se comparte a comida con eles.