Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade remata as obras na ruta dos batáns e en 30 quilómetros de vías

Por 11 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de de Xermade está a rematar este días un grupo de varias obras de reparación de estradas acollidas a diferentes programas de financiamento das distintas administracións.

Así, con cargo ao Plan Único da Deputación provinmcial fixéronse obras en Falaroia, Labrada, Toutelo en Piñeiro, Pena de Corvos en Momán e Bidueiro, tamén nesta úlitma parroquia; ademais de Touza de Cabreiros.

Así mesmo, na parroquia de Xermade fixéronse numerosas reparacións en distintos puntos, como Casas Novas, Silva, Cabadas, Portalousa, Badoi e Caneiro de Burgás.

Todas estas obras supuxeron un orzamento de 155.811 euros que corresponden á pasada anualidade e que estaban pendentes de realización. En total fixéronse de novo 23 quilómetros. Os traballos, como vén sendo habitual, consistiron na limpeza de cunetas, ensanche de estradas e unha capa de aglomerado en quente.

Así, mesmo, con cargo aos fondos do Agader para camiños fixéronse os mesmos traballos en Sanche, Framil de Piñeiro, Castroramil de Momán, en Pigaroa, Chao Trasdacosta e A Fraga de Cazás. Estes traballos afectaron a un total de 5 quilómetros e tiveron un orzamento de 60.016 euros.

ETNOGRAFÍA

Tamén remataron estes días os traballos de rehabilitación de elementos etnográficos e sinalización na ruta de senderismo dos batáns, un proxecto que foi financiado en dúas fases diferentes polo GDR-2.

En total investíronse 71.042 euros dos que 30.519 corresponden a este ano.

As obras consistiron na restauración dos muíños de Folgoso e Orxás, a moa de Orxás e os batáns, ademais da fábrica da luz. Os traballos de rehabilitación consistiron no arranxo ou substitución das cubertas, na substitución das estruturas de madeira e no afianzamentos dos muros de pedra. Estas obras son necesarias xa que todas estas construcións están en desuso e moi castigadas polo deterioro. De feito, nun dos batáns reconstruiuse a noria interior.

O obxectivo será activar os mazos e os edificios para que se poda facer un centro de interpretación no que poñer en valor este traballo e estas edificacións. Ademais, definiouse a ruta e acondicionouse con paneis informativos para incentivas as visitas turísticas.

A intención do Concello agora é continuar co proceso de adecuación do interrior destes batáns para o que buscarán financiamento en outras administracións.