Skip to main content
ActualidadeVilalba

Cuba cae na rolda de clasificación dos xogos mundiais de Qatar

Por 17 Outubro, 2019Sin comentarios

O vilalbés José Cuba participou nos Xogos Mundiais de Deportes de Praia que se están a celebrar en Doha (Qatar) e que organiza o COI para os deportes de praia, un sector en continuo crecemento e entre os que se atopa a modaliade de loita praia.

Cuba non puido chegar máis alto na clasificación debido ao difícil cruce de emparellamentos co que lidiou. En primeira rolda non puido superar ao acerí Nazariani pero ao meterse na loita polas medallas deulle ao deportista o pase a seguinte rolda. Aínda así, tería que enfrontarse ao rumano Chintoan e o georgiano Kordzaia que acabou por levarse unha das medallas. A categoría estivo dominada polo iraní Rahmani, que non perdeu ningún dos seus enfrontamentos.

Agora Cuba regresa a Vilalba para comezar a preparación de cara aos clasificatorios do 2020 para os Xogos de Tokio, para elo será obrigatorio clasificarse nos campionatos de España e acadar praza para os europeos.