Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz homenaxeará a Regina Polín o 26 de outubro

Por 20 Outubro, 2019Sin comentarios

A ex alcaldesa de Guitiriz Regina Polín será homenaxeada en na vila que dirixiu os últimos anos o día 26 de outubro.

Os organizadores, veciños da localidade, subliñan que co acto, que consistirá nunha comida, preténdese recoñecer a súa variada traxectoria no municipio, aínda que a máis coñecida sexa a súa carreira política, xa que foi alcaldesa do 2003 ao 2011 e do 2015 a xuño deste ano e voceira na oposición do 2011 ao 2015.

Polín chegou a Guitiriz hai décadas, exerceu de profesora antes de entrar na política local e participou e participa en diversas actividades sociais.

As tarxetas para asistir a esta homenaxe, que custan 40 euros, están á venda en varios negocios de hostalería. Hai tamén posibilidade de participar só no agasallo, e nese caso deben pagarse 15 euros.