Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A rúa Nova de Guitiriz volve estar aberta ao tráfico

Por 22 Outubro, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abriu ao tráfico a rúa Nova, trás rematar os traballos que se estaban a levar a cabo para solucionar o socavón que se formara.

As obras consistiron na renovación da condución do saneamento, que era de formigón e agora está en PVC.

A construción dun pozo de rexistro para mellorar o saneamento das augas residuais, a pavimentación da vía e a colocación duns pivotes para delimitar a zona de paso dos peóns.

Desde o Concello De Guitiriz lamentan as molestias ocasionadas aos veciños afectados por esta actuación que servirá para dar un mellor servizo de saneamento do que existía anteriormente.