Skip to main content
A PastorizaActualidade

Xa hai gañadora do primeiro concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza

Por 23 Outubro, 2019Sin comentarios

Xa se coñece a foto gañadora do primeiro concurso de fotografía Muller Rural da Pastoriza, a gañadora foi Fe Legaspi coa súa foto A avoa na horta e eu esperándoa.

A Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza organizou este concurso de fotografía co que se propuxo visibilizar a través da imaxe as mulleres rurais da Pastoriza.

Este concurso foi todo un éxito e recibironse máis de 50 imaxes participantes, que se someteron á valoración popular.

Así, no acto na casa da cultura pastoricense, visualizaronse todas as fotografías e a fixose a charla Mulleres creando no rural a cargo de Alba García, técnica da Asociación de Empresarias de Lugo. Ademais a gañadora recibiu un agasallo.