Skip to main content
ActualidadeXermade

As Mulleres Rurais Saudade de Momán preparan un curso de conservas

Por 29 Outubro, 2019Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Saudade de Momán prepara un curso de conservas para os días 13 e 20 de novembro.

Será na Casa Escola de Momán en horario de 17 a 19 horas e terá un prezo de 20 euros para as socias e 23 para as que non o sexan.

Neste curso falarase dos tipos de conserva e despois farase o obradoiro para poñerse mans á obra e realizar estas ricas conservas.