Skip to main content
ActualidadeCospeito

O CD Cospeito organiza en novembro o seu V Campionato de Tute

Por 31 Outubro, 2019Sin comentarios

O CD Cospeito organiza para o día 23 de novembro o seu V Campionato de Tute para un máximo de 64 parellas.

A inscriciónten un prezo de 80 puntos por parella e ademais ten a cea engadida, que consta de empanada, churrasco, queixo, viño e pan.

Haberá premios para os catro primeiros clasificados, de 1200 puntos e trofeo para o primeiro, 400 e trofeo para o segundo, 200 para o terceiro e 100 para o cuarto.

Estos premios son para un torneo de 48 parellas, así se houbese máis participantes aunmentarían os premios.

Tamén haberá premios para os repescados de 400 puntos e trofeo, 200 e trofeo, e 100 puntos para o terceiro e cuarto.

Para inscribirse hai que chamar ao 626 848 414, 677 109 801 ou 665 526 486.