Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Anpa do Basanta Silva organiza uns obradoiros pola igualdade

Por 5 Novembro, 2019Sin comentarios

A Anpa do IES Basanta Silva de Vilalba vén de poñer en marcha este ano a actividade Reporteirxs de Igualdade, trátase dunha serie de obradoiros onde  aprenderán a realizar un audiovisuais pero tendo en conta a igualdade e a non violencia, polo que haberá unha proxección final no Auditorio.

Para darlle máis interese, os participantes entrarán no sorteo de duas noites para un máximo de catro persoas nun hotel rústico no Hotel Rural Punta Uia e desfrutar previa reserva dende o 1 de xaneiro ata o 30 de abril en réxime de pensión completa. Ademais, haberá un recordo para todos eles.

O obradoiro está dirixido a rapaces maiores de 11 anos pero está aberto tamén á participaciónd e adultos. Estes terá lugar dous mércores do mes no centro cultural onde se explicarán cómo gravar orientarán sobre a temática a tratar (entrevistas ás avoas, mulleres de idade, etc). O día 20 de decembro vaise estrear o documental no Auditorio.

O prazo de inscrición xa está aberto.