Skip to main content
A PastorizaActualidade

Corbelle, na Pastoriza, celebrará as súas festas os días 8 e 9

Por 6 Novembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de San Martín de Corbelle, no Concello da Pastoriza, celebrará as súas festas os días 8 e 9 de novembro na honra ao seu patrón San Martiño.

A xornada dará comezo o día 8 ás 22.00 horas cunha cea parroquial servida polo Catering Chao da Brea, e seguidamente será a gran verbena coa actuación do dúo Caramelo.

O día 9, haberá oficio relixiososo ás 13.30 seguido de procesión e sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Fénix.

A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa.