Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Unha andaina en Guitiriz recollerá fondos para a loita contra a leucemia infantil

Por 6 Novembro, 2019Sin comentarios

O IES Poeta Díaz Castro, o CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e o CEIP Lagostelle de Guitiriz, en colaboración co Concello, organizan para o vindeiro martes, 12 de novembro, unha andaina solidaria contra a leucemia infantil.

A andaina, que está organizada pola comunidade escolar pero ao que se anima a participar a todos os veciños e veciñas de Guitiriz que o desexen, terá saída ás 10:30 horas do Campo da Feira de Guitiriz. Aqueles que o desexen poderán realizar un donativo que se recollerá ese día previamente á saída.

O cartel desta iniciativa está deseñado e realizado polos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Poeta Díaz Castro.