Skip to main content
ActualidadeVilalba

Os socialistas visitan Vilalba na súa campaña nacional

Por 7 Novembro, 2019Sin comentarios

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o voceiro socialista no Senado, Ander Gil, fixeron parada en Vilalba no seu camiño ao mitin que celebraron na Mariña para compartir un rato cos veciños e loubar o traballo realizado pola alcaldesa da vila, Elba Veleiro, que gañou as pasadas eleccións dando primeira vez na historia a maioría nas urnas aos socialistas.

Os mandatarios do PSOE chamaron a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e a concentrar todo o voto progresista no Partido Socialista. “Queremos pedirlle a todos os galegos que queren progreso e que non queren que a extrema dereita siga inspirando as políticas da dereita que vaian votar este domingo, que o fagan polo voto útil, que é o voto ao PSOE”, enfatizou.

Fixo fincapé o líder dos socialistas galegos na importancia de que non se perda ningún voto, nin para o Congreso nin para o Senado, o vindeiro domingo, ante a posibilidade dun pacto PP-Vox-Cs. “A única forza política da esquerda que vai ter senadores galegos é o PSOE”, recordou.

“Soamente hai unha papeleta que vai garantir que os votos cheguen ás cámaras parlamentarias, a papeleta do Partido Socialista”, recalcou Gonzalo Caballero, quen prognosticou “un magnífico resultado” se o domingo hai “unha mobilización alta”.