Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Os Vilares celebrará un magosto o 30 con varias actividades

Por 12 Novembro, 2019Sin comentarios

As asociación de veciños dos Vilares celebrará o seu tradicionar magosto o sábado 30 de novembro cunha xornada chea de actividades.

A celebración, que terá lugar na Escola da Conchada, empezará ás 16.30 horas cunha marcha en bici para nenos e adultos duns 15 quilómetros de percorrido e que rematará ás 19.30 co propio magosto, no que se ofrecerá aos asistentes liscos e castañas asadas de balde.

Para finalizar, sobre as 22.00 horas haberá bingo.

Non faltará tamén a música, que estará a cargo de Os Trapeiros dos Vilares.