Skip to main content
ActualidadeBegonte

A recollida de enseres voluminosos de Begonte será o 28

Por 20 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Begonte procederá o día 28 deste mes, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 396 143 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, protas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persinas, xoguetes rotos, etc.

Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.