Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito acomete as obras de abastecemento de auga

Por 25 Novembro, 2019Sin comentarios

A Xunta de Galicia está a executar a terceira fase das obras de abastecemento en Cospeito, que completarán a rede de distribución xeral no municipio, un proxecto no que se están a investir 592.000 euros.

O obxectivo desta obra é estender o servizo a varios núcleos e lograr unha mellora global da rede en aspectos como a cloración, medición de caudais e xestión informática dos datos.

Os traballos deron comezo no núcleo de Roás e neste momento estanse acometendo en Santa María de Cospeito; están realizados marcha e contan cun prazo de execución de 11 meses.

Proxéctase a construción de conducións xerais dende a rede existente na actualidade ata os núcleos carentes de servizo de abastecemento. O núcleo de Santa María de Cospeito conectarase co sistema da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Rabadá. Executarase unha segunda condución xeral conectada co sistema da ETAP das Paincegas, que é a que abastecerá a Roás. A tubaxe será de polietileno de 110 mm, tamén se disporá de ventosas, desaugues e válvulas de cortes.

Igualmente, vanse acometer ramais secundarios das principais conducións proxectadas, que darán servizo aos núcleos de Xermar, A Covela, A Insua, Rioveso-Santalla e A Fonte.

Debido á lonxitude da rede, e para mellorar o tratamento de cloración en todos os puntos, instalarase na zona de Momán un depósito de 250 litros de hipoclorito sódico, que sairá dosificado á rede mediante bombas dosificadoras; irá acompañado dun kit solar para solucionar o subministro eléctrico. Así mesmo, incorpóranse caudalímetros electromagnéticos para o control dos caudais subministrados á saída dos depósitos de Arneiro, Feira do Monte e Muimenta.