Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz reasigna funcións aos antigos traballadores do GES

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios

Os traballadores do antigo GES, que foron recentemente reincorporados seguindo a sentenza do Xulgado do Social de Lugo, xa contan con diversas funcións asignadas dentro do organigrama municipal.

O goberno local do  Concello de Guitiriz xa previra esta situación herdada polo que continúa seguindo a folla de ruta que se marcou para minimizar as consecuencias que carrexa esta sentenza xudicial.

Por unha banda, modificouse a RPT para incluír tres prazas de peóns forestais que serán ocupadas polos traballadores do antigo GES a partir de 2020, momento no que entrará en vixencia este cambio no documento.

Por outro, dotouse con 60.000 euros a un fondo de continxencia para facer fronte a estes gastos de persoal e isto permitirá que se poida asumir o salario dos outros tres traballadores, que se dedicarán provisionalmente a tarefas de roza, limpeza e resolución de emerxencias.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou hoxe que “sempre estivemos preparados para esta situación, xa que entraba dentro das posibilidades, polo que non nos colleu de sorpresa e temos os medios suficientes para afrontala con garantías mentres buscamos unha solución definitiva”.