Skip to main content
ActualidadeXermade

Roupar acollerá un taller de loita contra a violencia de xénero

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade acollerá este sábado 14 de decembro o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade. Trátase dunha iniciativa da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa Deputación que se está a desenvolver polos concellos da provincia de Lugo.

En Xermade impartirase na Escola Habanera da Casanova en Roupar a partir das 16.30 horas. Os interesados en obter máis información poden solicitala no teléfono 982 203 721.