Skip to main content
ActualidadeCospeito

Cospeito inicia hoxe o Nadal co acendido do alumeado

Por 13 Decembro, 2019Decembro 19th, 2019Sin comentarios

O Concello de Cospeito organiza unha serie de actividades de balde para Nadal baixo o título LecerNadal, para o desfrute de todos os veciños.

Hoxe día 13, será o acendido do alumeado de Nadal ás 20.00 horas, e mañá día 14 farase a entrega de premios do II Certame literario Torre de Caldaloba, no Centro sociocultural municipal de Pino ás 18.00 horas.

O día 20 haberá unha festa infantil de Nadal organizada polo Anpa do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, e colabora o Concello. Esta festa será no pavillòn Municipal de Feira do Monte de 18.00 a 21.00 horas.

O domingo 22, Papá Noel visitará Cospeito e fará parada na Casa da Cultura de Feira do Monte ás 18.00 e o luns 23 haberá un obradoiro de Nadal na Casa de Cultura de Muimenta  ás 17.00 horas.

O día 27, o Proxecto Ludus fará o desfrute do tempo de lecer dos pequenos, no que haberá proxección infantís, obradoiros, encontros de xadrez e merenda. Todo esto será a partir das 16 horas ata ás 20 horas na Casa da Cultura de Feira do Monte.

O sábado 28 na Casa da Cultura de Feira do Monte, haberá un bingo infantil que dará comezo ás 16.00, acto seguido será o de adultos e xa pola noite será a quenda do Festival de Panxoliñas. Tamén o luns 30 haberá unha proxección de cine infantil na Casa da Cultura de Muimenta ás 17.0o horas.

Xa en xaneiro, o día 2 o Proxecto Auspicium visitará o museo das aves ás 16.00 horas, e o día 3 a súa Maxestade o rei Melchor visitará o Centro de Día Vila de Valverde.

O día 5 chegará a esperada Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas do pobo nas súas carrozas, para despois facer parada no pavillón ás 18.00 horas e repartir agasallos aos pequenos. Ademais, haberá inchables e chocolate con churros. Por último o día 19 voltará o bingo de Nadal, nesta ocasión ao Centro de Día Vila de Valverde ás 12.00 horas.