Skip to main content
Actualidade

Xa se coñecen os gañadores do Concurso de Postais de Outeiro de Rei

Por 17 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei da a coñecer a relación de premiados do Concurso de Postais Nadal 2019, que contou cun total de 107 participantes;

Así, na categoría I de 1º a 3º de primaria, os gañadores foron  Roque Vilela García de 1º, Paula Campos Rozas de 2º e Carla Hernando González de 3º de primaria. Houbo dous accesits, un para María Vila Ares de 3º e outro para Mario Yáñez González de 2º de primaria.

Na categoría II de 4º a 6º de primaria, os gañadores foron Iris Peña Piñeiro e Olivia Vázquez Zapata, ambas de 4º de primaria. E tamén houbo dous accesits, un para Diego Escolante Fernández de 6º e outro para María García Barreiro de 5º de primaria.

Participante que acadou co seu traballo a maior puntuación e cuxa postal será utilizada como felicitación de Nadal foi

Gustavo González López de 4º de primaria, acadou co seu traballo a maior puntuación, polo tanto a súa postal será utilizada como felicitación de Nadal.

Proximamente darase a coñecer o día e a hora da entrega de premios.