Skip to main content
ActualidadeMeira

Teatro, concerto e chocolatada para iniciar o Nadal en Meira

Por 20 Decembro, 2019Sin comentarios

Meira dará o pistoletazo de saída ao Nadal esta fin de semana coa representacion teatral Cachopo Máxima, a cargo de Lila Teatro, que se representará este sábado, 21 de decembro, a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura meirense. Trátase dunha obra dirixida a público infantil e familiar dunha hora de duracción en galego.

Esta representación foi organizada polo grupo Eme de Meira.

O domingo continuarán as actividades coa celebración do concerto  Volta o mundo en 70 notas da Banda de Música local, actuación coa que desexa felicitar as festas aos seus veciños.

A actuación será ás 21.o0o horas na casa da cultura con entrada de balde ata completar aforo.

A continuación haberá chocolatada, sobre ás 22.00 horas no Cabanós, organizada pola confraría Nosa Señora do Pedregal.

Meira contará este ano novamente cun belén vivente e coa cabalgata tradicional como actos centrais da celebración das festas de Nadal, organizadas en colaboración coa anpa do colexio e a confraría local.

O belén vivente terá as súas representacións os días 25 de decembro e o 6 de xaneiro, como todos os anos na igrexa de Santa María  ás 13.00 horas. Formarán parte deste belén os rapaces do colexio, que encarnarán as diferentes personaxes do nacemento, que volverá ter unha temática que unirá a todos.

Ademais, o día 5 de xaneiro terá lugar de nova a cabalgata de Reis, que sairá pola tarde dende a praza do concello e paseasará polas rúas de Meira ata o pavillón, onde os Reis Magos se sumarán á festa que se organiza para poder recoller as cartas dos pequenos e escoitar as súas peticións.

Como todos os anos, os Reis percorrerán o camiño ata o pavillón sobre as súas carrozas.

Ademais, os membros da confraría realizará unha visita ao Belén de Betanzos o 29 de decembro, con saída as 15.30 horas. Terá un custe dee 5 euros pero para menores será de balde.