Skip to main content
ActualidadeVilalba

A rúa da Pravia de Vilalba estará pechada os días 31 de decembro e 1 de xaneiro

Por 24 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de anunciar o peche da rúa da Pravia os días 31 de decembro e 1 de xaneiro para a celebración da carreira San Silvestre pero tamén para desfrute da veciñanza tal e como xa se propuxo nas festas patronais.

A circulación pecharase o día 31 ás 15.00 horas, e abrirase o 1 ás 16.00 horas. Os vehículos non poderán estacionar desde as 10 da mañá do día 31.