Bonos consumo Vilalba

Cruz Vermella Vilalba celebra hoxe unha gala benéfica de ficción

Cruz Vermella Vilalba celebrará a I Gala Benéfica Vilalba Máxica, que terá lugar esta tarde no Auditorio Carmen Estévez del Concello de Vilalba.

Trátase dun espectáculo que combina diferentes accións como unha actuación de maxia con Nacho Samena, Óscar Bello e a colaboración de Jakobo Bascón. Ademais, haberá un photocall onde facerse fotos coas personaxes de ficción favoritas.

O prezo das entradas é de 6 euros para adultos e 3 euros para nenos ata 12 anos. As entradas xa están á venda en Amador Fotógrafos, Centro Cultural e Recreativo de Vilalba e Cruz Vermella.

Todo o recadado irá destinado á compra de xoguetes novos para a campaña de Nadal na que aténdense a máis dun centenar de nenos en risco de exclusión social.

O espectáculo dará comezo ás 21.00 horas aínda que as portas abriranse xa ás 20.00 horas.

Etiquetas