Este sábado terá lugar en Meira o III encontro Xosé da Flor

O vindeiro sábado 28, a asociación cultural e deportiva EME de Meira celebrará o terceiro encontro de fútbol entre as seleccións de Crecente-Pastoricense e Meira, en lembraza de Xosé da Flor.

Esta actividade, que quere lembrar a figura deste activista cultural contará tamén cunha xuntanza na Casa Cazoleiro tralo partido. Este será ás 12.00 horas no estadio da Lomba.

Os interesados en asistir terán que comunicalo con antelación.

Etiquetas