Skip to main content
Actualidade

O Begonte FS organiza o I Torneo de Reis de fútbol sala feminino

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Este sábado día 4, o Begonte FS organiza o I Torneo de Reis que se xogará en Baamonde.

No grupo A atópase Vilalba, Troula e Melide, e no B Villestro, Begonte e Barreiros.

Os torneos comezarán ás 9.30 horas co partido de Vilalba contra o Troula de Betanzos. E seguirán ata ás 13.40 que enfrontarán ao anfitrión contra o Praias de Barreiros.

Xa pola tarde xogaranse as finais a partir das 17.00, e a gran final será ás 19.45.

O torneo contará tamén cun partido da categoría biberón, ás 19.00 horas entre o Begonte e Troula Betanzos.