Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O que arde proxectarase este sábado en Órrea

Por 8 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Tralo éxito acadado na capitalidade de Riotorto coa proxección do filme O que arde, o local social parroquia da Órrea acollerá este sábado 11 de xaneiro unha nova proxección desta película en galego que xa leva colleitados numerosos premios.

A proxección da películo do director galego Oliver Laxe terá lugar a partir das 18.00 horas organizado pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba de Órrea.

“Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por ter provocado un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.”