Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concurso de fotografía de Nadal de Vilalba xa ten gañadores

Por 9 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O xurado do primeiro concurso de fografía Nadal en Vilalba, posto en marcha polo Concello, xa ten o seu veredicto. Así, o primeiro premio, dotado con 200 euros foi para Miriam López Novoa coa imaxe Desexa soñando.

O segundo, de 150 euros, foi para A xeada que anuncia fogar, de Rocío Arnesto Prestes. Finalmente, o premio Facebook, de 100 euros, correspondeu a Ana Paredes Rodríguez por Pelucidade.

O tribunal estivo formado por Beatriz Souto Díaz, de familia de fotógrafos, especializada en fotografía artística e publicitaria; Yolanda Purriños, de Purriños fotógrafos, xuíz calificador dende 2002 na federación española de fotógrafos profesionais, e Raquel Anido, fotógrafa e realizadora en audiovisuais, especializada en vídeo e montaxe.

O primeiro premio recolle unha imaxe de Noiteboa, en San Xoán de Alba. Nela aparecen unha nena, símbolo da máis pura ilusión navideña, ataviada cunhas orellas de reno, eses renos que tiran do trineo de Papá Noel e axudan a facer realidade o que desexamos e soñamos.

O segundo premio, explica “retornar á casa significa moitas cousas: reencontros con persoas queridas, lugares que son fogares, lembranzas que acompañan estas datas e, para min, a xeada. Marchei do meu fogar e fixen doutro lugar un, a 900 km. E alí, non hai carazo. Sei que estou de volta cando esperto e vexo todo xeado. É un dos meus momentos favoritos do Nadal”.

Finalmente, Ana Paredes, na imaxe gañadora en facebook, explica que “o nadal para a xente é tempo libre para desfrutar coas familias, tempo de estar cos que queremos… Pero para nós segue sendo tempo de traballo, como no resto das épocas do ano, traballar por e para eles, para que sintan a calor din fogar e para que, mentras non atopan a súa familia, sintan o máis parecido ao amor dun fogar”.