Skip to main content
Actualidade

A biblioteca de Castro programa cursos de informática útil

Por 10 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A biblioteca de Castro de Rei organiza dende o 15 de xaneiro cursos de formación de informática útil, que se impartirán todos os mércores e venres as 11.00 horas e ás 18.00 horas.

O ensino será con catro persoas por quenda polo que poderán adaptarse ás necesidades e coñecementos de cada persoa.

Os cursos, que son totalmente de balde, formarán sobre como facer un cartel, pedir permisos municipais ou navegar.

Para asistir aos cursos pode levar cada un o seu móbil intelixente,  tablet ou portátil persoal.

Os interesados en participar poden inscribirse no teléfono 982 314 034.