Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz vai convocar estes días as prazas de auxiliar do SAF

Por 12 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz sacará nos próximos días a concurso un total de 28 prazas de auxiliar de axuda no fogar como persoal laboral fixo.

Despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes nun prazo de 20 días. Desde o Concello confían en que o proceso selectivo poida estar resolto antes do verán, xa que só queda que saia a publicación.

Os futuros traballadores do SAF percibirán un salario mensual de 900 euros brutos que xunto coas pagas extra fan un total 12.600 euros anuais. Como requisitos para estas prazas haberá que contar coa titulación de grao medio en atención sociosanitaria ou un equivalente, o certificado de profesionalidade correspondente e dispoñer de carné de conducir tipo B e medio de transporte.

No tocante aos labores que desempeñarán estas persoas, encarganse da atención dos usuarios como dos seus domicilios.

A solicitude, que se deberá presentar no rexistro municipal do Concello, deberá acompañarse dunha copia do DNI, o xustificante do pago das taxas, a titulación e a relación de méritos coa súa documentación acreditativa.