Skip to main content
AbadínActualidade

Os socialistas de Abadín critican a nova ponte da Roxica

Por 16 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Desde o PSOE de Abadín critican a nova ponte da Roxica, que foi substituida tralo seu derrubamento en setembro durante un temporal. Afirman que “non respeta a lei de accesibilidade”, ao ter escaleiras nos accesos por ambas marxes e ter forma de arco.

O Concello investiu na ponte un total de 10.100 euros e trátase dunha construción en madeira con base de formigón para salvar o 7,5 metros lineais que ten o río de ancho nesa zona. Está realizado en pino con dúas zancas de madeira laminada e tarima radiada con baranda e quitamedos e “con todas as normas de seguridade”, segundo afirmou o alcalde, José María López Rancaño.

“Como baixa unha nai co carrito do seu fillo? Como pasan os que van en bici? E os maiores?”, se preguntan dende o Concello.

A peculiaridade da nova ponte é que ten forma de arco, a que tamén comentan “ao ser unha ponte con forma de semiluna que remata en escaleiras favorece o desequilibrio Sr. Rancaño” engaden os socialistas.