Skip to main content
Colaboracións TERRACHÁXA

Tiña

Por 17 Xaneiro, 2020Xaneiro 30th, 2021Sin comentarios

Por Breixo González

Hoxe imos falar dunha enfermidade zoonótica (é dicir que se transmite dos animais as persoas e viceversa) esta enfermidade é a TIÑA.

A tiña é unha dermatofitose (é dicir unha  enfermidade causada por fungos parásitos da pel)

que pode presentarse  tanto en animáis como en persoas.

Un dos síntomas patognomonicos (patognomónico fai referencia a calquer síntoma que é característico e case inequívoco dunha enfermidade) e a aparición dunha lesión na pel con forma circular co borde engrosado e roxizo .

Os fungos que causan tiña poden vivir durante bastante tempo como

esporas  con capacidade infectiva  e o contacto directo con estas esporas é a causa desta enfermidade. Estas esporas poden atoparse no pelo dun animal infectado ou mesmo en elementos usados sobre o animal como cepillos ou máquinas para cortar o pelo. O animal tamén pode contraer estes fungos mediante contacto directo co chan

Logo de entrar en contacto cas esporas, a enfermidade  tarda entre dúas e catro semanas antes de que o animal mostre signos clínicos. Nalgunhas partes do corpo poden perder o pelo e pódense formar costras ou

escamas sobre a pel nas áreas afectadas. De xeito frecuente, a pel nestas áreas arróibase e pica moitísimo. Nalgunhas ocasións, os fungos que causan o problema morrerán no centro da área afectada, deixando a aparencia dun círculo ou anel na pel do seu animal.

Os humanos tamén podemos contraer a enfermidade e de feito tammén lla podemos transmitir os nosos animais , a transmisión en humanos prodúcese por contacto directo cun animal ou persoa infectada. O síntoma máis común é a picazón e as placas polo xeral atópanse máis inflamadas nos bordos cun enroxecimento, descamación e, en ocasións, bochas

As infeccións por tiña soen estar asociadas a animais con depresión dos sistema inmune ou débil ou inmaturo. Os cachorros e gatiños deben manterse nunha área limpa para reducir o risco de infeccións micóticas. Os animais infectados deben tratarse e separarse doutros animais. Calquera animal cun sistema inmune debilitado debido a outras enfermidades (por exemplo: cancro, enfermidade renal) deben manterse afastados de animais infectados.

Os picos mais altos de tiña en explotacións de vacuno  soen coincidir no inverno ( o igual que os piollos) xa que os animais xuntanse máis e  condicións de frío e humidade   e que aumentan o estrés e baixan as defensas dos animais.