Skip to main content
ActualidadeBegonte

O PSOE de Begonte solicita ao Concello que compre nas empresas locais

Por 21 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A voceira socialista de Begonte, Susana Ferreiro, emprazou ao alcalde e ao seu equipo de Goberno a realizar investimentos e compras nos establecementos da localidade. Así o dixo tras a celebración da sesión plenaria, o pasado venres día 17, na que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito no que figuran diversas facturas pola compra de gasóleo nun concello veciño.

Ferreiro remarcou que “si en Begonte hai gasolineiras que pagan os seus impostos no Concello, e que ademais crea postos de traballo na vila, sería convinte que o Concello non lle dera ás costas facendo a compra do gasóleo noutro Concello”, sinalou.

A voceira socialista explicou ademais que nesta mesma sesión plenaria o Goberno do PP aprobou, coa abstención do grupo socialista, un recoñecemento extraxudicial de crédito que ascende a 438.873 euros, correspondentes a 329 facturas do ano 2019.

“Coa aprobación deste montante económico queda patente a nefasta xestión do Goberno, que non é capaz de prever facturas do funcionamento básico do Concello como as que figuran neste expediente, como son a recollida de lixo, a compra de gasoil ou pago polo servizo de axuda a domicilio”, citou ao modo de exemplo.