Skip to main content
A PastorizaActualidade

Investíronse no polígono da Pastoriza 188.000 euros

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia destinou nos últimos dous anos 188.000 euros ao Concello da Pastoriza a través da orde de achegas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais galegos.

O delegado territorial da Administración autonómica en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado polo alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias comprobou o resultado das obras de renovación do firme nas infraestruturas viarias do polígono deste municipio, nas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 74.000 euros.

Os traballos, executados polo Concello, consistiron no acondicionamento do pavimento mediante a extensión dunha nova capa de rodaxe con aglomerado en quente. Balseiro explicou que na anterior convocatoria deste programa, a Xunta destinou 114.000 euros a mellorar a rede de saneamento do polígono, para separar a rede de pluviais e de fecais.