Skip to main content
ActualidadeMuras

Silán, en Muras, recupera este sábado as antigas festas na honra a San Tirso

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A parroquia de Silán, en Muras celebrará este sábado 25 de xaneiro as festas na honra de San Tirso, unha celebración que se pretende recperara tras 58 anos.

As celebracións comezarán coa tradicional misa solemne e procesión a partir das 13.00 horas á que seguirá unha sesión vermú co dúo Epo-k.

O eixe da celebración será un xantar popular que constará de sopa de cocido, cocido, postre, bebida, café e chupito, por un prezo de 20 euros.

Os interesados en asistir a este xantar deberán comunicalo no teléfono 678 260900.

Ás 18.00 horas contarán coa actuación do grupo Os do 21 para rematar coa sesión verbena, a partir das 20.00 horas co dúo Epo-k de novo e con Tania e o seu acordeón.