Skip to main content
ActualidadeVilalba

Convocan unha nova edicion da Ruta BTT do queixo San Simón

Por 31 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da Club Ciclista Terra Chá, Miguel Ángel Esmorís, asinaron o convenio de colaboración para sufragar os gastos da realización da V Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa.

A institución provincial achega 3.000 euros para esta carreira que contribúe a dinamizar a comarca da Terra Chá. “Estamos ante unha ruta cicloturista xa consolidada, unha aposta por promover a economía local e potenciar o valor turístico dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, e tamén unha forma diferente de atraer visitantes dun xeito máis activo, coñecendo o patrimonio natural e cultural da zona”, explicou o Presidente.

O Club Ciclista Terra Chá xa traballa na organización dunha nova edición desta ruta, que se celebra coincidindo coa Festa do Queixo de San Simón da Costa o 28 de marzo de 2020.

As inscricións aínda non están abertas aínda, xa que estará dispoñibles a partir do 10 de febreiro na web galitiming.com.