Skip to main content
ActualidadeXermade

O PP de Xermade asegura que as luminarias non funcionan correctamente

Por 31 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Partido Popular de Xermade advirte que as luminarias do municipio non funcionan correctamente dende hai máis dun mes e critica que o Concello siga sen ordenar a súa reparación ou substitución. Deste xeito, no Pleno que celebrará a Corporación, os populares preguntarán ao equipo de goberno se están a comunicar á empresa responsable estas incidencias e que previsións manexan para paliar a deficiencias no servizo.

Nos proxectos de subministración e instalación de material eléctrico de iluminación con tecnoloxía LED, a entidade local sacou a concurso e adxudicación este servizo, “valorando con elo a mellor oferta económica sen ter apenas en conta outras circunstancias que tamén son imprescindibles para un correcto funcionamento, como é o caso da calidade dos materiais e o servizo posterior ao remate do proxecto”, explican.

Aseguran que na actualidade existe un número elevado de puntos de luz en todo o municipio que deixaron de funcionar e con numerosos fallos tamén no funcionamento. “Esta situación, que é perfectamente comprobable, está a xerar moito desconcerto entre a veciñanza, pero a entidade local, -segundo destaca Antonio Riveira- non se ocupa de encargar a revisión ou cambio, se así fose necesario, dos equipos avariados. Este desentendemento é o que provoca que varias vivendas e núcleos de poboación levan sen alumeado público nas últimas semanas”.

O voceiro do PP neste municipio de Terra Chá lamenta que, “dado o custo xerado e a situación actual, a solución máis viable técnica e economicamente sería voltar ás anteriores luminarias pola nula rendibilidade das colocadas, a consecuencia da calidade e da funcionalidade dos materiais”.

Neste senso, e co fin de que non se reproduza esta situación no futuro, avoga porque se valore a garantía aportada pola empresa adxudicataria para outorgarlle o contrato e ter en conta o prazo para respostar de posibles deficiencias nos traballos e nos materiais empregados.