Skip to main content
Actualidade

Afigal e Caixa Rural Galega melloran as condicións de financiamento para pemes, emprededores e autónomos

Por 2 Febreiro, 2020Sin comentarios

Co obxectivo de facilitar o financiamento empresarial, Caixa Rural Galega e a Sociedade de Garantía Recíproca para as provincias da Coruña e Lugo, Afigal, renovaron e melloraron as condicións da liña de financiamento que teñen dispoñible para os máis de 11.200 socios de Afigal. Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural Galega; Jesús Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural Galega; Antonio Couceiro, presidente de Afigal, e Manuel Alonso, director xeral de Afigal, estiveron presentes  en Lugo no acto de firma deste acordo de colaboración.

Trátase dunha liña de financiamento para os socios da SGR que ambas as entidades teñen vixente desde 2002 a través da cal as pemes e os autónomos avalados por Afigal poden formalizar operacións de financiamento de capital circulante; préstamos, investimentos e reestruturacións de pasivos; e préstamos para adquisición ou reforma de inmobles. Ademais, grazas ao acordo asinado hoxe o tipo de interese das operacións acollidas ao convenio queda establecido nun diferencial do 1,75% respecto ao Euribor de referencia.

Con este compromiso, ambas as entidades queren contribuír ao crecemento do tecido empresarial e industrial, facilitando o acceso ao financiamento ás pemes en condicións favorables.