Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Este sábado haberá teatro en Riotorto

Por 5 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza para este sábado 8 de febreiro a representación teatral Cousas de Vellos, do grupo Trípode.

Esta representación terá lugar no centro sociaocultural local a partir das 22.00 horas.

Cousas de vellos é unha comedia na que se desenvolven unha serie de sketches protagonizados por un grupo de velliños do ámbito rural.

Representan personaxes ben coñecidos da comedia de costumes galega. As historias dos protagonistas son anécdotas propias sobre temas satíricos da vida actual, desde unha visión persoal.