Skip to main content
ActualidadeCospeito

As filloas de Muimenta poderán degustarse en Lugo

Por 7 Febreiro, 2020Sin comentarios

O colexio A Inmaculada-Maristas de Lugo, prepara unha filloada organizada pola AnpaN de dito centro educativo para o venres 14.

Tamén participarán na celebración da XVII Festa da Filloa de A Baña, o vindeiro sábado 15 de febreiro, elaborando filloas, nun intercambio que se levará a cabo entre ambas Festas.

E este sábado 8, dúas filloeiras desta Festa de Interese Turístico de Galicia, participarán, convidadas pola Área de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, na XXI edición do Salón Internacional Xantar que se celebra en Ourense.

Na mesma elaboraranse filloas e poderán degustarse de maneira gratuita por partes dos asistentes e visitantes do stand, para, deste xeito, e conxuntamente con outros productos da provincia, como os viños da Ribeira Sacra ou embutidos do Porco Celta, promocionar a gastronomía de toda a provincia de Lugo.

A XXIX edición da Festa de Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrarase o vindeiro venres primeiro de maio.