Skip to main content
Actualidade

O Concello de Castro programa dúas festas infantís para os días de Entroido

Por 10 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Entroido en Castro de Rei contará como todos os anos con dúas festas infantís previas que terán lugar o 23 e 24 de febreiro.

Esta celebración, que está orientada a nenos ata os 14 anos, comezará o domingo 23 no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo da localidade de Castro de Rei. O luns a celebración trasladarase á casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea. En ambos os dous casos, a celebración será entre as 16.00 e as 19.00 horas.

Haberá concurso de disfraces nas tres categorías, individual, parella e grupo; bolsa de larpeiradas, globoflexia, maquillaxe infantil e merenda de Entroido con menús especiais para intolerancias alimentarias.