Skip to main content
A PastorizaActualidade

Instalan na Pastoriza 50 suxeicións para contedores con deseño único

Por 17 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Pastoriza vén de rematar estes días co proxecto de colocación de 50 suxeita contedores nas localidades de Bretoña, A Pastoriza e Reigosa, así como noutros lugares puntuais onde o vento pode causar poblemas.

Trátase dun sistema exclusivo para A Pastoriza que deseñou a empresa de Guitiriz Grupo Dissolquim e que ten moitas vantaxes xa que son moi sinxelos de colocar ao tratarse dun únivo pé que vai amarrado ao chan e unha palanqueta para subir e baixar o sistema de amarre do contedor.

Son moi cómodos tamén para os operarios de limpeza xa que o contedor sóltase co pé deixándolles as dúas mans libres.

Ademais, non desentona co medio rural, xa que só se ve unha chapa na que pode poñerse o anagrama do Concello, ademais esta chapa evita que a tapa do contedor se vaia para atrás e quede sempre vertical. Otra das vantaxes fronte aos de abrazadera é que non fai ningún tipo de ruído ao mover os contedores. Xa o ano pasado fixeron unha proba piloto con dez e os sistema gustou polo que instalaron o resto.

No último mes rematou a segunda fase da limpeza de contedores de lixo en todo o termo municipal.