Skip to main content
Sin categoría

Abre no Fogar de Maeloc unha mostra pictórica de Katova

Por 21 Febreiro, 2020Sin comentarios

O hábitat cultural Fogar de Maeloc, situado na casa da cultura da Pastoriza abriu unha nova mostra de pintura baixo o título de  Abrakatova!

As cores, a intensidade e a visión desta artista, Katova, cautivaron xa aqueles que a visitaron.

A mostra estará aberta ata o 31 de marzo do 2020 en horario de apertura da casa da cultura.

Katova é unha pintora autodidacta cuxa obra está enraizada no expresionismo e o naïf, con influencias da psicodelia, a arte románico e a pintura rupestre. Vive na súa Casa Aberta / Taller O Bisonte, na que practica a acollida tradicional no Camiño do Norte de Santiago.