Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro solicita unha ruta verde entre dúas urbanizacións

Por 22 Febreiro, 2020Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei presentará ao próximo pleno unha moción na que solicita ao goberno da Deputación de Lugo a creación dunha ruta verde entre as urbanizacións de Guillar e o núcleo rural de Martul, ao longo da estrada de titularidade provincial LU-P-3908.

O voceiro da formación nacionalista, Xosé Ferreiro, explicou que se trata dunha actuación fundamental xa que “se trata dun treito na que se poden ver moitas persoas ao longo do ano, paseando ou facendo deporte” e que “eñen que facelo pola propia estrada xa que non existen beirarrúas ou arcéns polos que poder desprazarse e tampouco camiños alternativos paralelos á propia estrada onde facer este tipo de actividades”.

“É por iso que a existencia dunha ruta verde, un carril separado da estrada polo que poidan circular as persoas a pé ou facendo deporte así como as propias bicicletas, faise case imprescindible e daría un importante valor engadido a unha zona que conta con grandes atractivos como Marcelle Natureza, o Caneiro do Piago ou o propio núcleo de Martul”, engade Xosé Ferreiro.
A moción tamén demanda a creación de áreas de descanso con bancos e demais mobiliario xa que “moitas das persoas que pasean pola zona son persoas maiores que usarían esta ruta como lugar de paseo e de relación social con outras veciñas e veciños”.

“Nos últimos tempo vimos como a Deputación Provincial inviste fondos que construír vías verdes ou carrís para bicicletas en varias zonas da provincia, incluíndo varias actuacións deste tipo no propio concello de Lugo, carrís que teñen os mesmos obxectivos que aquí perseguimos, polo que parece bastante coherente solicitar que neste transitado tramo de estrada da súa propiedade actúe do mesmo xeito”, concluíu Xose Ferreiro.