Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade acolle un novo curso de elaboración de xabóns

Por 24 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza un novo taller de elaboración de xabóns cosméticos e cremas que se celebrará do 7 ao 14 de marzo.

O obradoiro desenvolverase na no antigo sindicato de Xermade entre ás 16.00 e as 18.00 horas e terá un prezo de 15 euros. Os materiais necesarios para a elaboración dos xabóns xa van incluídos na cuota de inscrición.

Ademais, ao finalizar o curso, os asistentes poderán levar para casa os produtos elaborados.

A inscrición deberá facerse entre ata o 28 de febreiro e terán prioridade as persoas empadroadas no Concello.

Para máis información haberá que chamar ao 982 501 001 (ext. 3).