Skip to main content
ActualidadeVilalba

O CEIP Terra Chá de Vilalba fai unha xornada de portas abertas

Por 25 Febreiro, 2020Sin comentarios

O Ceip Terra Chá de Vilalba celebrará o venres 28 de febreiro unha xornada de postas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.

A sesión terá lugar entre as 10.00 e as 13.00 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados do director, quen tamén se encargará de presentar o proxecto educativo do centro, así como as peculiaridades do centro, que conta con comedor de transporte.