Bonos consumo Vilalba

O club BTT Castro organiza unha nova kedada en abril

O club ciclista BTT Castro celebrará o 19 de abril a quinta edición da súa quedada anual.

A proba consistirá nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non terá carácter competitivo, polo que non será cronometrada. O obxectivo desta actividade será de facer unha excursión á que poda sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.

Por todo isto, non terá moitas dificultades técnicas e a organización lembra, que non terá asistencia polo que cada un debe estar en condicións de rematar a proba e levar os repostos que considere necesarios (cámara, parches, bomba de aire, etc…).

Etiquetas