Skip to main content
ActualidadeVilalba

Feijóo visita Vilalba e pon en valor o investimento realizado pola Xunta

Por 29 Febreiro, 2020Sin comentarios

O presidente da Xunta e tamén presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, visitou este venres Vilalba afirmando que esta vila é “prioridade máxima” para o Goberno galego. Para isto reivindicou o investimento realizado na localidade, como a posta en marcha da escola infantil e os máis de 60 millóns destinados aos sectores da agricultura e gandeiría.

Durante unha visita ao concello, Feijóo repasou algúns dos investimentos, como foi a mellora do centro de saúde e do auditorio, os investimentos en saneamento e abastecemento e a posta en marcha da escola infantil, con 74 prazas novas.

Un dos puntos máis destacados foi o sector agrario, con máis de 60 millóns destinados a familias que se dedican a gandería e agricultura.

“Estamos a ver como esta localidade está a converterse nunha das grandes capitais de España no sector lácteo”, incidiu, tanto polo impacto do leite que se recolle nesta zona como pola súa transformación en produtos elaborados.

Os tres ex rexedores da vila -José María García Leira, Gerardo Criado e Agustín Baamonde- acompañaron a Feijoo, ao igual que a presidenta provincial, Elena Candia, e a concelleira e deputada autonómica Sandra Vázquez, responsable da xestora local que se creou hai meses, trala derrota do partido nas municipais. Todos eles mostraron a súa unidade compartindo espazo cos veciños e fotografíandose cos que así o demandaban.