Skip to main content
Actualidade

Elena Candia deixa a Deputación e a Alcaldía para encabezar a lista electoral do PP

Por 3 Marzo, 2020Sin comentarios

Elena Candia López, voceiro do PP na Deputación de Lugo e ata onte alcaldesa de Mondoñedo, encabezará a lista do PP pola provincia de Lugo nas eleccións do 5 de abril. Candia seguirá formando parte do equipo de Goberno como concelleira, pero sen coñecer aínda que áreas asumirá.

O Grupo Provincial do Partido Popular nomeou por unanimidade voceiro na Deputación a Javier Castiñeira. 

Deste xeito, o deputado asume as funcións que ata o de agora desempeñaba a mindoniense e ás que vén de renunciar para encabezar a lista dos populares da provincia ás autonómicas do vindeiro 5 de abril.

Javier Castiñeira, natural de Foz, é arquitecto técnico de profesión. Dende o ano 11 ata o 19 foi alcalde da súa localidade natal. Na actualidade, é voceiro deste grupo no municipio mariñao e, ata o de agora, vicevoceiro na Deputación.

O PP de Galicia anunciou os nomes cos que acudirá ás eleccións do 5 de abril como cabezas de listas. Pola provincia Pontevedra irá o presidente do partido e candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola lista da Coruña irá a actual conselleira de Medio Ambiente, Ángelez Vázquez; por Ourense a ata hai pouco delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira; e por Lugo, Elena Candia, a presidenta do PP provincial.

Candia iniciou a súa carreira política en 2003 como concelleira e en 2015 conseguiu ser a primeira muller presidenta da Deputación de Lugo. Actualmente é tamén presidenta do partido a nivel provincial desde 2016.